xoves, 30 de abril de 2020

Childhood education (Educación infantil)

Hello Children! A clase de tres anos estivo traballando "O monstro de cores", aquí vos deixo o conto para que poidades disfrutalo tamén en inglés, espero que vos guste:



Tamén vos deixo unha tarefiña sobre o "monster"  por si vos apetece. Tedes que pintar o bote de cada emoción da cor que lle corresponda (red, yellow, green, blue...) e por último pintar o monstro do último bote da cor que vos sentindes vós no momento en que fagades a tarefa: 

Para rematar, propóñovos cantar as dúas cancións que xa coñecemos e que teñen que ver co conto de hoxe, pois tratan das cores e das emocións:



See you next week! Have a nice weekend! Bye bye!

4th grade activities (Actividades para 4º)

Good morning? How are you today? Let`s work:

🎬 Comezamos recordando a historia " The hungry rat":
https://drive.google.com/file/d/1Bzb6OuwJPFey-qm3awBs4bjl6f7zI29k/view?usp=sharing

❓ Agora imos  responder unhas cantas preguntas sobre a historia...seredes capaces? Recordade parar o vídeo despois de que vos apareza a pregunta e as posibles respostas para que teñades tempo de pensar antes de que vos digan cal é a correcta:
https://drive.google.com/file/d/1T7cauVUUr7Qhs9Lg7L3X2b94SY3wCCqR/view?usp=sharing

📝Por último dúas actividades para practicar a estrutura "There's some... in/on the...." (Recordade que "in" significa dentro e "on" significa encima)  e a pregunta "Can I have some...., please?":
https://drive.google.com/file/d/1d8PXfDuvmb4tPl21LcRGSjyNP5qvBnLK/view?usp=sharing

Recordade que mañá é festivo, así que vémonos de novo por aquí o próximo martes. Have a nice weekend! Bye bye!

6th grade activities (Actividades para 6º)

Good morning everybody! Antes de nada quería recordarvos que as tarefas que non facedes en Liveworksheets como por exemplo a de onte,  podedes enviarmas ó meu correo electrónico para que eu as corrixa e que vós saibades si tedes erros , ou tamén para consultarme calquera dúbida.

📝 Seguimos con comparativos e superlativos e imos facer  dúas actividades de preguntas e respostas. Para a primeira, recordade o seguinte:

Esta é a tarefa: https://drive.google.com/file/d/1b_vmATppfVTPfD9Ubw2B1c8JzYjPtRo7/view?usp=sharing

🎮Por último, xogamos online. Recordade que neste xogo, na segunda pantalla que vos aparece, encima de play, podedes escoller o que queredes comparar: people, animals, clothes, things, places...

See you on Monday! Bye bye!

5th grade activities (Actividades para 5º)

Happy Thursday!

🎶 Esta semana non cantamos nada...así que como non podemos perder a costume, comezamos con "our week song":
https://drive.google.com/file/d/1mKuHSyhvLdKwSna67WZmCk1odgJLpiib/view?usp=sharing

📝 Now...let's work!:
https://drive.google.com/file/d/1rRLHvvLqk_gPpPSAnUuXgeHicZBvrXWw/view?usp=sharing

💻 Por último, recordades que onte na tarefa de "giving directions" pedinvos que utilizárades algunha preposición? Imos recordalas e facer a seguinte actividade online:
https://es.liveworksheets.com/lg152374ks

See you next week! Bye bye!



3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning!

🎞 Comezamos vendo atentament a historia " Activity camp":
https://drive.google.com/file/d/1ou5vSNRbpuvNMP-IJUgfHiVduul3XQD5/view?usp=sharing

⁉ Agora imos comprobar se prestástedes moita atención. Tedes que ir contestando ás preguntas que vos fará os seguinte vídeo de comprensión . Recordade paralo despois de que vos apareza a pregunta e as respostas posibles, para que teñades tempo de pensar antes de que diga a resposta correcta:
https://drive.google.com/file/d/11lmIfICnnYq_Mp0U3ufqLFFXwW1YMyXf/view?usp=sharing

Xa recordamos entón o significado de CAN e CAN'T verdade?

📝Por último traballamos un pouquiño na seguinte ficha. Na primeira actividade tedes que recordar a historia e rodear as palabras correctas e no segundo tedes que escribir oracións para a nena con I can/ I can't  e os deportes que vos aparecen no cadro:

Enjoy the weekend! Bye bye!


mércores, 29 de abril de 2020

6th grade activities ( Actividades para 6º)

Hi! Are you ready? Let's work!:

🎶 Comezamos cantando!:
https://drive.google.com/file/d/1nv2VoiLcqyT9KHmGfhEd4PCi2TidS5lX/view?usp=sharing

✏ Agora dúas actividades de repaso sobre comparativos e superlativos. Podedes imprimila, facela directamente sobre o pdf ou escribir as respostas e as oracións nun folio ou libreta. Recordade enviarmas ó correo para poder correxírvolas e que vexades os erros (si tedes, espero que non😉 ):
https://drive.google.com/file/d/1Q0vksG4g56ovyqTlSDQTfb6k7iUvEF_n/view?usp=sharing

See you tomorrow! Have a nice day!

3rd grade activities ( Actividades para 3º)

Happy Wednesday! Let's work!


✏ Agora unha tarefa. A primeira actividade é para repasar o vocabulario dos deportes e na segunda e na terceira  tedes que  escribir e completar  oracións con "I like/ I don't like":

 🎮 Por último " a memory game about sports". Tedes que ir pinchando nas tarxetas para darlles a volta e memorizar as palabras e os debuxos, o obxectivo e emparexar cada deporte co seu nome. Hai deportes novos, a ver se sodes capaces....

See you tomorrow!

1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning children! Hoxe seguimos traballando sobre os xoguetes!:

🎶 Comezamos cantando a outra canción que xa coñecíamos sobre os xoguetes " The toys song":
https://drive.google.com/file/d/1d2dH51Ek2I0BNqJT68vmhoiJRNhLnAz_/view?usp=sharing

✏ E agora toca traballar un pouquiño na seguinte ficha:
https://docs.google.com/document/d/136hkizX6QcVeGy3I1PenINz2SlMisp7I2rYhaVvbFg4/edit?usp=sharing

🎮 Por último un xogo. Tedes que ir pinchando nas tarxetas para que se den a volta, o obxectivo e emparellar cada xoguete coa palabra correcta. Igual que no xogo do outro día, vai haber xoguetes novos, a ver se sodes capaces:
https://www.anglomaniacy.pl/toysMatching.htm

Bye bye!

5th grade activities (Actividades para 5º)

Hello! Hoxe imos a traballar con un mapa "giving directions". Do you remember the key words?


Para facer a actividade, intentade utilizar algunha  preposición de lugar das que xa vimos, como por exemplo: next to (ó lado de), behind (detrás de) ou in front of / opposite (estas dúas últimas significan casi o mesmo, enfrente de, pero teñen unha lixeira diferenza, mirade o seguinte link: https://www.brixtonschool.com/2013/04/23/in-front-and-opposite/

✏ Agora, a traballar:


See you tomorrow! Bye!

martes, 28 de abril de 2020

2nd grade activities (Actividades para 2º)

Hellooooo! Hoxe imos  repasar as partes da casa, recordádelas?

🎶 Comezamos cantando "The house chant":
https://drive.google.com/file/d/1WjXbN0mLQa0XxD5rqsAnxAL-og67M6yY/view?usp=sharing

✏ E tamén traballamos un pouquiño:
https://drive.google.com/file/d/1AKGHEfndech_pMYe2rvAqvP6yyMUNanq/view?usp=sharing

(Se non podedes imprimir, facede un debuxo de cada parte da casa e escribide o seu nome debaixo)

Have a nice day! Bye bye!

4th grade activities (Actividades para 4º)

Good morning! Hoxe imos deixar as "daily routines" que xa levamos repasando uns cantos días e imos con "food and drink". Recordades o vocabulario que aprendimos no cole?

🎶 Para refrescar a memoria comezamos cantando:
https://drive.google.com/file/d/1lq_3M2RIKuNolnDXCcZ6_owjyVPDrx84/view?usp=sharing

✏ Now... a wordsearch! Agora unha sopa de letras! A traballar!:
https://drive.google.com/file/d/1qmkLCUFYXsKrsW_Ulh8R0StLumLpVPyJ/view?usp=sharing

🎮 E por último, un xogo de vocabulario sobre comida...hai palabras novas...seredes capaces? 😉
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/food-1

Enjoy the day! Bye!

luns, 27 de abril de 2020

6th grade activities (Actividades para 6º)

Hello everybody! Seguimos traballando os comparativos e superlativos. Recordade que xa coñecemos dous adxectivos que son irregulares e non cumplen a normal xeral:


Agora non o olvidedes para facer a seguinte actividade:
 ✏ https://es.liveworksheets.com/hm166cd

🎮 Por último deíxovos un recordatorio das normas e dous xogos (pinchar en Game):
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/grammar-practice/comparatives-and-superlatives

Have a nice day!

5th grade activities ( Actividades para 5º)

Good morning! Let's work!

✏ Hoxe toca falar un pouquiño do voso pobo. Imaxinade que algúen non o coñece e lle tedes que explicar que lugares e establecementos poden atopar nel. Tedes que utilizar there's / there are/ there isn´t and there aren't. Por exemplo: there's a school, there aren't any cinemas....
Tedes que utilizar todo o vocabulario que xa coñecedes da unidade sobre "places in town", así que pensande e non olvidedes ningún. Podedes facer a actividade no propio ordenador usando o documento de google que vos comparto, imprimilo , ou facelo nun folio ou libreta.

https://docs.google.com/document/d/1xzqlHgHMMNIXsVl4bDZwo7DSzSeL6NpwSWQe1Dntcis/edit?usp=sharing

See you again on Wednesday!

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Happy Monday! Como xa levamos varios días repasando "Food vocabulary" e " Likes and dislikes", imos con outra cousa. Hoxe toca facer memoria para recordar todo o que aprendemos sobre "Sports".

🎶 Como non, comezamos cantando con " The sports chant":
https://drive.google.com/file/d/1heL5uHlMoN8tiOr2yrEmySYkEe8oNCt-/view?usp=sharing

✏ Agora imos a traballar un pouquiño "the sports vocabulary" e para facer as seguintes activividades temos que repasar tamén as estacións do ano (the seasons), xa que imos ter que diferenciar entre deportes de inverno e deportes de verán:

Recordámolas xa? Let's work!:
https://drive.google.com/file/d/1SqtW1F7GdJmZBLdiq436k40wXdyyljlX/view?usp=sharing

🎮 Por último xogamos un pouco con " The monster numbers" xa que non podemos olvidalos:
https://drive.google.com/file/d/1SqtW1F7GdJmZBLdiq436k40wXdyyljlX/view?usp=sharing

Bye bye!

venres, 24 de abril de 2020

Childhood education (Educación infantil)

Hello children! Recordades a historia dos tres porquiños (The three little pigs)? Sei que tamén a traballástedes o ano pasado coa vosa profe, así que aquí a deixo para que a desfrutedes tamén en inglés:


E por se vos apetece despois, unha ficha sobre o "number three":


Bye bye!! Have a nice weekend!


2nd grade activities (Actividades para 2º)

Hello everybody! Listos para traballar un pouquiño en inglés? Aquí está a tarefa:

🎶 Comezamos cantando para coller enerxía:
https://drive.google.com/file/d/1B9CUqYRwGIc9U5MPWpZEMqUq0G_YD-CZ/view?usp=sharing

✏ Agora toca escribir. Tedes que seguir os camiños dos animais e completar as oracións coas palabras que faltan : nome do animal, unha cousa que pode facer (CAN) e outra que non pode facer (CAN´T).
https://drive.google.com/file/d/1z6KBVRSXB0FCRUj7QzMd30EUiN7o971A/view?usp=sharing

🎮 Por último unhos xogos para que non se nos olviden as cores en inglés:
https://www.helpfulgames.com/subjects/english/353-colours.html

See you on Tuesday! Have a nice weekend! Bye bye!

4th grade activities (Actividades para 4º)

Good morning and happy Friday! Imos coa última tarefa da semana e das "daily routines", xa non podedes ter nin un só erro, confío en vós 😉

🎶 Para coller enerxía cantamos un pouco:
https://drive.google.com/file/d/1bXqxmhTb25ewHqkOXuKhrA30mw54oB5b/view?usp=sharing

✏ Now...let's work!:
https://drive.google.com/file/d/1N-SR2PPEmJRKMi-xbzm223TvmFjJB3eA/view?usp=sharing

Para facer o primeiro exercicio da ficha anterior aquí está o link do listening:
🔊https://drive.google.com/file/d/1p_YiDFzQyzWnMqhm1otJqjkFJpAPSXWQ/view?usp=sharing

🎮 Por último, "a memory game about daily routines" (Un xogo de memoria sobre rutinas). Tedes que ir  memorizando as palabras e as fotos ata conseguir emparellalas todas:
https://matchthememory.com/dailyroutines2

See you on Tuesday! Have a nice weekend! Bye bye!

1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning! Happy Friday! Aquí está a última tarefa da semana:

🎞 Comezamos vendo un vídeo no que unha nena e un neno van a unha "toy shop" (xoguetería). Cantos xoguetes reconocedes no vídeo? Sodes capaces de decir os seus nomes en inglés? E....como son eses xoguetes (big/small/new/old)? Cal é o xoguete favorito da nena? E do neno?
A ver se sodes capaces de responder a todas as preguntas. Imos aló:

✏ Agora imos a escribir un pouquiño. A seguinte ficha ten dúas actividades. Na primeira tedes que ordear as fotos tendo en conta a orde na que aparecen no vídeo que acabades de ver e despois completar as oracións que din os nenos coas palabras do cadro. Na segunda actividade tedes que unir a nena e o neno cos seus xoguetes favoritos, escribir os nomes do xoguetes e por último debuxarvos vós e o voso xoguete favorito.

🎮 Por último un xogo: hai algunha palabriña nova...seredes capaces de facelo?😉

See you next week! Have a nice weekend! Bye bye!

xoves, 23 de abril de 2020

4th grade activities (Actividades para 4º)

Helloooo! Aquí vos deixo unhas pequenas tarefas para hoxe:

🎶 Let's sing:
https://drive.google.com/file/d/1O3w8O9ow9N95ps7KZ2f8jPnoHDkfGJPP/view?usp=sharing

✏ Esta actividade é para facer online, tedes que unir os debuxos coas diferentes horas. Tedes que facer "click" na foto e xa vos aparecerá un lápiz, para unir arrastrade a línea que vos vai debuxando ata o reloxo correspondente. No texto hai unha palabra que ten un error, pon "paly" en lugar de play (xogar):
https://es.liveworksheets.com/gx55480ej

🎮 Para rematar, o xogo dos números, que non podemos olvidalos e xa fai uns días que non os repasamos:
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

Have a nice day! Goodbye!

6th grade activities (Actividades para 6º)

Hello everybody! Estou moi contenta polos bos resultados que tivéstedes na actividade de onte de comparativos e superlativos sobre os Simpsons. Para rematar a semana deíxovos outra tarefa online parecida.  Recordade que si hai algún adxectivo que non vimos na clase, podedes buscar o seu significado no seguinte diccionario online:

📕https://www.wordreference.com/

✏ Esta é a tarefa, no último exercicio tedes que arrastrar os adxectivos ata o sitio correcto e despois escribir unha oración coa súa forma comparativa ou superlativa :
https://es.liveworksheets.com/us23627hd

🎮 E para rematar, un pouco de xogo:
https://www.gamestolearnenglish.com/comparatives/

See you next week! Enjoy the weekend!

5th grade activities (Actividades para 5º)

Good morning! Última tarefa da semana:

🎶 Let`s sing!:
https://drive.google.com/file/d/1mKuHSyhvLdKwSna67WZmCk1odgJLpiib/view?usp=sharing

✏ Seguimos traballando as "directions". Recordade:


No seguinte link tedes tres actividades moi sinxelas, espero velas sin ningún erro! 😉

See you on Monday! Have a nice weekend!

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Hellooo! Última tarefa da semana:

🎶 Xa que onte estivemos polo "space", comezamos cantando " The space food song":

https://drive.google.com/file/d/1uNY5csUFAY8XMTUDT5iiisiHrbGZq9Zl/view?usp=sharing

✏ Despois de ver onte o vídeo e do que xa traballáramos na clase sobre o tema sodes capaces de responder as seguintes preguntas?:
  • Where do astronauts sleep? (Onde durmen os astronautas?)
  • What sports do astronauts do? (Que deportes fan os astronautas?)
  • What do astronauts eat? (Que comen os astronautas?)
Se sodes capaces de responder estas tres preguntas podedes facer a seguinte tarefa. Tedes un cohete (rocket) con tres textos que vos falan sobre a vida dos astronautas. Ó lado tres fotos, unha para colocar ó lado de cada texto, que tedes que poñer no sitio correcto. Despois de pegalas no seu sitio podedes recortalo (cut), doblalo pola línea do medio (fold) e pegar as dúas metades  botando pegamento na parte interior (stick).
Xa sabedes que si non podedes imprimir, podedes facer a tarefa igual, escribindo vós os textos e facendo ó lado o debuxo que lle corresponda a cada un.


See you next week! Bye bye!

mércores, 22 de abril de 2020

6th grade activities (Actividades para 6º)

Happy Wednesday! Let's work!:

🎞 Comezamos vendo de novo a historia "The three brothers", por favor fixádevos ben no uso dos comparativos e dos superlativos:
https://drive.google.com/file/d/1cFDvtQ_nRZlqWe2IbWk4ZtTVynRuIVRE/view?usp=sharing

✏ E agora imos a poñelo de novo en prática nunha ficha na que temos que comparar os personaxes dos "Simpson".É moi fácil, así que fixádevos ben e a ver se sodes capaces de non ter ningún erro. O primeiro exercicio é de comparativos, o segundo de superlativos e no último tedes que escribir os adxectivos contrarios (opposite) dos que aparecen escritos:
https://es.liveworksheets.com/zo7330ts

🎮 Por último un xogo novo. Tedes que pinchar na palabra  e arrastrala ata o lugar onde hai que colocala. Despois tedes que pinchar en SUBMIT  e xa vos aparacerá si é correcto ou non. Fixádevos ó principio do xogo que xa vos explica como facelo:
https://www.eslgamesplus.com/comparatives-superlatives-wild-zoo-animals-vocabulary-grammar-interactive-monkey-fun-activity/

See you tomorrow! Bye!



3rd grade activities (Actividades para 3º)

Hello children! Do you remember the astronauts and their life in space? Recordades o que víramos sobre os astronautas e a súa vida no espacio? Imos a traballar outro pouquiño sobre iso:

🎞 Aquí tedes un vídeo onde vos volven a explicar un pouquiño como viven , que comen e que fan os astronautas na Estación Espacial Internacional (International Space Station):
https://drive.google.com/file/d/1ZBzmJnStVWc1u672UiXLDkRiMJLD2CUR/view?usp=sharing

✏ E agora, espero que sexades capaces de facer as seguintes actividades sobre o que acabades de ver e escoitar. No primeiro exercicio tedes que ir ordenando as fotos según van aparecendo no vídeo. No segundo tedes que poñer a letra das fotos do exercicio 1 que lle corresponden a cada oración. No último tedes que imaxinar que estades no espacio e debuxar o que comeríades no desayuno (breakfast), na comida (lunch) e  na cea (dinner), e escribir debaixo de cada debuxo a palabra.
https://drive.google.com/file/d/1yvjohUz1JdQvb4doXb5v2zSaCa3hx6it/view?usp=sharing

Let's work! Bye bye!


1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning! Continuamos repasando o vocabulario dos xoguetes "Toys", e para iso:

🎶 Comezamos cantando un pouquiño con " The toys chant":
https://drive.google.com/file/d/10zU_O6JAqUFMi4h1vecHXcsFMRGk_z1Z/view?usp=sharing

✏ Recordades que aprendimos tamén a falar dos xoguetes decindo como eran?
  • Old: vello/vella
  • New: novo/nova
  • Big: grande
  • Small: Pequeno/pequena
Pois agora para practicar todo iso imos facer as seguintes actividades:

🎮 Por último un xogo novo sobre os números do 1 ó 10. Pinchando no altavoz que hai ó lado de cada número podedes escoitalo. Despois para colocar cada palabra debaixo do número correcto tedes que pinchar primeiro na palabra que queredes colocar e logo pinchar no sitio onde a queredes poñer e xa se moverá automáticamente:
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/numbers-1-10

Have a nice day! Bye bye!

5th grade activities (Actividades para 5º)

Hello! How are you today? Let´s work!:

🎞 Comezamos recordando a historia e con ela o uso de there is/there are/there isn´t/there aren´t any...así como tamén as "directions" (Turn left/ turn right/go straight on....):
https://drive.google.com/file/d/1kM4KoDYFdeXmtYmeh0gTduKFudnlwKIw/view?usp=sharing

✏ Recordamos xa como seguir as indicacións nun mapa para atopar un lugar, ou como axudar a alguén para que atope un sitio nunha cidade?


Imos logo seguir practicando un pouco coas seguintes actividades:
https://drive.google.com/file/d/1JH7i9kn4RaI0IHBZMv31sfFrwGYTB4D6/view?usp=sharing

🎮 Por último, un xogo para practicar vocabulario variado en inglés:

See you tomorrow! Bye!



martes, 21 de abril de 2020

For all grades (Para todos os cursos dende infantil a 6º)

HOW TO WASH YOUR HANDS👐

Como xa sabedes, agora máis que nunca é moi importante lavar ben as nosas mans...pois para facelo correctamente aquí vos deixo esta canción en inglés...a cantala todo o mundo!



2nd grade activities (Actividades para 2º)

Hello! Aquí vos deixo a tarefa para hoxe:

🎶 Comezamos cantando. Que animais aparecen na canción? Escoitade atentamente!
https://drive.google.com/file/d/17A00L-tr-3oZDmabpYoJPuFJ9bffU4J3/view?usp=sharing

🎞 Imos agora a repasar algo que xa vimos no cole. Recordades como se chaman as estacións do ano (Seasons) en inglés? Son 4: Spring (primavera), Summer (verán), Autumn (outono) e Winter (inverno). Refresquemos a memoria:

✏ E por último, recordades que na clase vimos o que facía o "hedgehog" en cada unha destas estacións? ( Wakes up (esperta), makes a nest (fai o nido), has babies (ten bebés), sleeps (durme). Pois o rato (mouse) fai o mesmo...sodes capaces de facer a seguinte actividade sobre el?:
https://drive.google.com/file/d/1T-2uLzS3Agsjfvp2bMxokyzxW7EpNHcW/view?usp=sharing

Have a nice day! Bye bye!


4th grade activities (Actividades para 4º)

Good morning everybody! Imos a polo martes con moita enerxía. Let's go!:

 🎶 Cantamos "The tick tock rock":
https://drive.google.com/file/d/1bXqxmhTb25ewHqkOXuKhrA30mw54oB5b/view?usp=sharing

✏ Seguimos practicando as "daily routines" en primeira e terceira persoa (Agora xa non pode haber erros 😉):
https://drive.google.com/file/d/1vuM7D1nyPBFUwJKhB0HjUAhEcAv1u19m/view?usp=sharing

🎮 Por último un par de xogos sobre "daily routines". Tedes que pinchar primeiro na palabra que queredes utilizar e despois pinchar no sitio onde a queredes poñer e xa se colocará automáticamente:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/daily-routines

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/node/18249 ( Cando abrades esta páxina pinchar en  Game para ir ó xogo)

See you on Thursday!Bye!

luns, 20 de abril de 2020

6th grade activities ( Actividades para 6º)

Hello children! Aquí están as vosas tarefas para hoxe:

🎶 Primeiro...let´s sing!:
https://drive.google.com/file/d/1nv2VoiLcqyT9KHmGfhEd4PCi2TidS5lX/view?usp=sharing

✏ Agora seguimos repasando os comparativos e os superlativos. Por se hai algunha palabra  que non coñezades ou non lembredes, deíxovos tamén o link dun bo diccionario online onde podedes buscar o significado de aquelo que non sepades tanto nesta actividade como en calquera outra.
https://www.wordreference.com/
https://es.liveworksheets.com/do923hl

🎮 E xa por último xogamos:
https://www.gamestolearnenglish.com/comparatives/

Have a happy Monday!


5th grade activities (Actividades para 5º)

Good morning! Toca comezar con enerxía a semana traballando un pouquiño en inglés:

🎶 Comezamos con música:
https://drive.google.com/file/d/1mKuHSyhvLdKwSna67WZmCk1odgJLpiib/view?usp=sharing

✏ Recordades o significado de there is/ there are/ there isn't/ there aren't? Cando queríamos decir que hai ou non hai unha soa cousa utilizamos there is/there isn´t e cando hai ou non hai varias cousas usamos there are/there aren´t any. Agora a poñelo en práctica na seguinte actividade:
https://drive.google.com/file/d/14OVEZ5qACEKNdAmqDJzYeSuk7se8sDbm/view?usp=sharing 

Por último outra actividade online na que tedes que leer e marcar "Happy face" si é correcto ou
 " Angry face" si non é correcto:
https://es.liveworksheets.com/qg37589xz

See you on Wednesday!

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Happy Monday! Aquí están as tarefas para hoxe:

🎞 Comezamos cantando  con " I like space food song":
https://drive.google.com/file/d/1uNY5csUFAY8XMTUDT5iiisiHrbGZq9Zl/view?usp=sharing

✏ Continuamos traballando un poquiño. A  ficha de hoxe non é para facer online, polo tanto podedes imprimila ou senón facela á man nun folio ou libreta e despois  mandarma ó correo para que eu poda correxila e enviárvola de novo.  O primeiro exercicio é de escoitar. Fanlle unhas preguntas a unha nena sobre as comidas que lle gustan: tedes que poñerlle un "tick" ás cousas que sí lle gustan ou unha "cross" ás cousas que non, e despois escribir debaixo a oración correspondente ( I like...../ I don't like....). Cólgovos dous links, o primeiro é a ficha e o segundo o audio para que poidades facer este exercicio.
https://drive.google.com/file/d/1X6AZj0Kw9svwOfnezoyJyBxQ-lVVR0fI/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1hMNTSRbC6TnQMVYlpN9sOGIz_xAOdxC3/view?usp=sharing

🎮 Por último un xogo sobre a comida. Tedes que pinchar primeiro na palabra que queredes escoller e despois pinchar no sitio onde a queredes poñer e xa se coloca automáticamente. Se queredes escoitar como sona a palabra podedes pinchar no altavoz que aparece ó lado.
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/food-1

Have a nice day! Bye!



venres, 17 de abril de 2020

2nd grade activities ( Actividades para 2º)

Good morning children! Aquí está o noso traballo para hoxe:

🎶 Comezamos cantando:
https://drive.google.com/file/d/1B9CUqYRwGIc9U5MPWpZEMqUq0G_YD-CZ/view?usp=sharing

✏ Continuamos traballando un pouquiño. Non é necesario imprimir, a actividade podedes facela tamén nun folio ou libreta debuxando e coloreando cada animal da cor que vos dice e escribindo ó lado as oracións:
https://drive.google.com/file/d/1ahpoID69rDR3VzK_pu-DkFdmoau_M8L6/view?usp=sharing

Enjoy the weekend! Bye bye!

4th grade activities ( Actividades para 4º)

Hello! Aquí está a tarefa para hoxe:

🎶 Xa fai uns días que non cantamos, así que imos a poñerlle alegría ó venres con " The vampire song". O primeiro link e o audio e no segundo póñovos a letra:
https://drive.google.com/file/d/1O3w8O9ow9N95ps7KZ2f8jPnoHDkfGJPP/view?usp=sharing
https://docs.google.com/document/d/1Cs3S3ZIpHHTW7DYgifFGXfxwu-9Skra2uafB74dqNLU/edit?usp=sharing

✏ Agora un pouquiño de traballo. Xa sabedes, non é necesario imprimir, tamén podedes facelo nun folio ou libreta. Para facer o primeiro exercicio, cólgovos o link co audio:
https://drive.google.com/file/d/1_dSx2xYCe-FwnEwvV3STyN6Xp0J4Uh3D/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1s_NetrUmPiYf0kM0OKtMpy2gritmQZOn/view?usp=sharing

🎮 E por último xogamos porque...non se nos poden olvidar os números!
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

See you next week! Bye!


1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning! Para rematar a semana imos a repasar outro pouquiño o vocabulario dos xoguetes (toys):

🎞Recordades que xoguete lle fai aparecer a Lucky "the magic pencil"?
https://drive.google.com/file/d/1e_9Dsv-WckMPT0Z-jh1P9M4R5B5ryteH/view?usp=sharing

✏ Agora traballamos un pouquiño:
https://drive.google.com/file/d/1v0oNOf_xMrA-v-7J3Lvyxf0O-xSSzVJH/view?usp=sharing

🎮 E por último xogamos para que non se nos olviden as cores:
https://www.helpfulgames.com/subjects/english/353-colours.html

Enjoy the weekend! Bye bye!

xoves, 16 de abril de 2020

Childhood education( Educación infantil)

Hello everyone! Que tal estades? Espero que aínda que teña que ser na casiña esteades desfrutando moito. Sei que algúns de vós estades practicando moito cantando en inglés, e faime moita ilusión saber que o facedes tan ben e que lle estades enseñando ás vosas familias as cancións que tanto vos gusta cantar no cole.
Hoxe deíxovos outra para que cantedes e bailedes e tamén o conto do Gruffalo que xa coñecedes tanto en galego como en inglés. Un bico enorme para todos vós...teño moitas ganas de vervos! Bye bye!




4th grade activities ( Actividades para 4º)

Good morning! What time is it now in Spain? Recordades que no mundo hai diferentes zonas horarias e que agora mesmo nalgúns lugares é de noite? Imos a ver un vídeo para recordalo:

🎞No vídeo aparecen dúas cidades, Shanghai en China e Cape Town en Sudáfrica. Cantas horas de diferencia hai entre unha e outra? Escoitade atentamente:
https://drive.google.com/file/d/13ui95tk42Zf0oZs28jkn0WATxn0UGaOn/view?usp=sharing

✏ Agora tedes que facer a seguinte tarefa. Esta vez non é online na páxina Liveworksheets, polo que ou ben a imprimides ou ben escribides as respostas nun folio ou libreta e para saber os erros podedes  mandarma ó meu correo para que eu poda correxírvola:
https://drive.google.com/file/d/19bp8a85VcF44QO-oai_xG9ZOasN0tw85/view?usp=sharing

🎮 Por último xogamos un pouco:
https://www.helpfulgames.com/subjects/mathematics/tell-time.html

See you tomorrow!

6th grade activities (Actividades para 6º)

Good morning! Xa vin algúns dos vosos traballos a través de Liveworksheets sobre comparativos e superlativos e teño que felicitarvos porque están moi ben. Como veríades levaban algo de "trampa". A tarefa contiña un par de adxectivos que non siguen a norma xeral que vimos para facer os comparativos e superlativos xa que son irregulares. Aquí vos vai a "chuleta" para que a partir de hoxe non vos equivoquedes con eles:

🎶 Pois vamos logo comezar poñéndolle algo de música ó día e cantando un pouco con " I want to be a hero":
https://drive.google.com/open?id=1nv2VoiLcqyT9KHmGfhEd4PCi2TidS5lX

✏ Como onte recordamos a historia " The three brothers", hoxe imos completala coas palabras que faltan e despois ordeala colocando cada foto co texto que lle corresponde. Xa sabedes que si non tedes a posibilidade de imprimir podedes facelo copiando solo o texto nun folio ou libreta.
https://drive.google.com/file/d/12fJBRRFWyCy1xSCqv_DhzCLhDOO3DJan/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/13sDgXxaCCAGHsA8S_iB23Ss-BS09hnaC/view?usp=sharing

🔊 Este é o audio para que vos axude a completar:
https://drive.google.com/file/d/12wywCw7TIc2B9vL_e_XPM0bKJEJLB7le/view?usp=sharing

See you on Monday! Have a nice weekend!

5th grade activities ( Actividades para 5º)

Hi! Are you ready? Aquí vos quedan as tarefas de hoxe:

🎞 Recordades a historia " The robbery" ? Imos refrescar a memoria:
https://drive.google.com/file/d/1kM4KoDYFdeXmtYmeh0gTduKFudnlwKIw/view?usp=sharing

🎞 Agora tedes que contestar ás preguntas que vos farán sobre a historia. Apareceravos a pregunta e a continuación as tres posibles respostas. Nese momento recoméndovos pausar o vídeo para que teñades tempo de pensar porque inmediatamente despois diranvos a resposta. A ver se as acertades todas....

✏ Xa podemos logo construír a historia non? Tedes que completar os textos, recortar as imaxes e ir pegando cada texto coa sua foto correspondente ( Recordade que se non tedes a posibilidades de imprimir podedes facelo simplemente escribindo nun folio ou libreta).

 🔊 Este é o audio para que vos axude a completar os textos:

See you on Monday! Enjoy the weekend!

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning!
Traballamos outro pouquiño? Aquí van as tarefas:

🎞 Recordades a historia " Lunch with aliens"? Cal era a comida favorita dos extraterrestres? Imos vela de novo para refrescar a memoria:
https://drive.google.com/file/d/1nJCsqR31nbs2NLPQXjKmHxPDctkXJgLR/view?usp=sharing

✏ Agora unha tarefa de "Listening". Tedes que pinchar nos altavoces que aparecen para escoitar unhas oracións sobre dous nenos, Megan e Kevin. Logo tedes que mirar os debuxos e comprobar si o que se vos dice é verdadeiro (marcaredes TRUE) ou falso (marcaredes FALSE). Recordade ter activado o sonido no móbil, tablet ou ordenador no que fagades a actividade.
Hai algunhas palabras novas: POP CORN (palomitas) CHERRIES (cereixas) WATER (auga) e CAKE (tarta). Let's go!
https://es.liveworksheets.com/fm99364ks

🎮 Por último xogamos un pouco con "monster numbers" para non olvidar os números:
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

See you on Monday! Have a nice weekend!




mércores, 15 de abril de 2020

6th grade activities (Actividades para 6º)

Welcome again! Espero que pasárades unha boa Semana Santa e que veñades con moitas ganas de seguir aprendendo e repasando cousiñas que xa sabemos! Aquí vos deixo a tarefa para hoxe:

🎞 Recordades como comparábamos dúas personas, animais ou cousas en inglés? Imos refrescar a memoria coa historia " The three brothers" a ver se sodes capaces de recoñecer os adxectivos comparativos e superlativos que aparecen nela:
https://drive.google.com/file/d/1cFDvtQ_nRZlqWe2IbWk4ZtTVynRuIVRE/view?usp=sharing

🎞 Agora imos cun vídeo no que tedes que responder unhas preguntas sobre o que acabades de ver e escoitar no anterior. Faranvos a pregunta e logo irán aparecendo as opcións que tedes para escoller. O meu consello é que nese momento pausedes o vídeo para que teñades tempo de pensar a resposta porque inmediatamente despois vos dirá cal é a correcta (intentadeo primeiro a ver se adiviñades):
https://drive.google.com/file/d/1AQAGyysSr5--zbNbe3HmMlMQBc72iq-q/view?usp=sharing

✏ Agora que xa refrescamos a memoria, imos a escoller os comparativos e superlativos correctos na seguinte ficha (recordade que os adxectivos longos fan a forma superlativa e comparativa de xeito diferente ós curtos):
https://es.liveworksheets.com/xs22491nr

🎮 Por último un xogo para seguir practicando e ó mesmo tempo divertirnos un pouco:
https://www.gamestolearnenglish.com/comparatives/

See you tomorrow!

5th grade activities (Actividades para 5º)

Good morning everybody! How are you? Espero que pasárades unha boa Semana Santa detro do posible. Toca volver a traballar un pouquiño, aquí vos deixo unhas pequenas tarefas para hoxe:

🎶 Recordades "Our week song"? Imos cantar logo:

✏ Agora imos a facer unhas actividades moi sinxelas para repasar o vocabulario dos lugares da cidade:
https://drive.google.com/file/d/12R4NMcqI_zxRMB62MbZQHV-QG-EAZH8F/view?usp=sharing

🎮Por último un xogo no que podedes practicar e aprender un montón de vocabulario en inglés:

See you tomorrow!

1st grade activities (Actividades para 1º)

Hello again!How are you?  Espero que pasárades unha boa Semana Santa dentro do posible.
Imos logo a traballar un pouquiño en inglés:

🎞 Comezamos con un vídeo no que aparacen varios animais que xa sabemos decir en inglés. Sodes capaces de reconocer os seus nomes e repetilos? Estou segura que sí!Escoitade moi atentamente:
https://drive.google.com/file/d/1MRLPE0DCYAja61MLcJwsV6e0ChElRO1g/view?usp=sharing

✏ Apetécevos agora escribir, debuxar e colorear? Aquí vos deixo unha fichiña ( se non tedes impresora podedes facer soamente a segunda actividade nun folio ou libreta):
https://drive.google.com/file/d/1iZE3fTuRLef5-5EPHppUSZHuOVivw82F/view?usp=sharing

🎶 Por último despedímonos cantando e bailando " The bye bye Song":
https://www.youtube.com/watch?v=Xcws7UWWDEs

See you on Friday!



3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning children! How are you? Espero que pasárades unha boa Semana Santa dentro do posible, eu xa botaba moito de menos atoparnos por aquí!
Aquí están as tarefas para hoxe:

🎞 Comezamos con un vídeo que tedes que escoitar e ver moi atentamente... a ver se sodes capaces de reconocer todas as palabras da comida que se mencionan:
https://drive.google.com/file/d/1brzUX5gb_O7_FK_WS4RHCR7M2aGQExkr/view?usp=sharing

🎞 Continuaremos con outro vídeo no que tedes que responder unhas preguntas sobre o que acabades de ver e escoitar no anterior. Faranvos a pregunta e logo irán aparecendo as opcións que tedes para escoller. O meu consello é que nese momento pausedes o vídeo para que teñades tempo de pensar a resposta porque inmediatamente despois vos dirá cal é a correcta (intentadeo primeiro a ver se adiviñades):
https://drive.google.com/file/d/1wrimsUdlg_od2mgV6LWy3ymLUGEFzE6F/view?usp=sharing

✏ Por último, unha actividade sobre os gustos dun neno e dunha nena. Tedes que marcar si é TRUE or FALSE o que se dice sobre eles:
https://es.liveworksheets.com/ci137320dp

Have a nice day! Bye!


martes, 14 de abril de 2020

2nd grade activities ( Actividades para 2º)

Good morning again! How are you? Espero que tivérades unha boa Semana Santa e que o pasárades moi ben dentro do posible. Hoxe cólgovos unhas tarefiñas novas para que sigamos aprendendendo moito inglés e non nos olvidemos de todo o que xa sabemos:

🎞 O primeiro é un vídeo sobre uns animaliños moi simpáticos, a ver se sodes capaces de entender que cousas poden facer (CAN) :
https://drive.google.com/file/d/1Tp_tv-zmV2V54YVZD7d9gRIcHKOLuzpY/view?usp=sharing

✏ A continuación propóñovos que debuxedes o voso animal favorito e despois completedes as tres oracións escribindo o nome en inglés, unha cousa que poda facer ese animal e outra que non.
Podedes imprimir o modelo que vos adxunto ou facelo vos mesmos nun folio ou libreta, como prefirades:
https://drive.google.com/file/d/16nDbSiarY-P5Sy4AMAIiEUAPRc4ENJW-/view?usp=sharing

Have a good day! Bye!

4th grade activites ( Actividades para 4º)

Hello again!How are you ? Espero que pasárades unha boa Semana Santa dentro do posible.
Hoxe deíxovos unhas actividades novas para que pasedes un ratiño agradable e non olvidedes todo o que xa sabedes en inglés:

🎞 O primeiro é un vídeo sobre as " daily routines "  dunha nena inglesa, escoitadeo atentamente, seguro que sodes capaces de entender todo o que vos conta:
https://drive.google.com/file/d/1TawQV5aSGj6zAavNlGf0cM3_IezLGSXT/view?usp=sharing

🎞 O segundo é outro vídeo que vos fará unhas preguntas sobre as "daily routines" da nena, faranvos a pregunta e logo irán aparecendo as tres opcións que tedes para escoller, recoméndovos que nese momento pausedes o vídeo para que vos de tempo a pensar a resposta, porque inmediatamente despois vos dirá cal é a correcta (intentadeo vos primeiro a ver se adiviñades):
https://drive.google.com/file/d/1EYsE3wjx3tc0MEO4nPf3jCLjGAiLc_i9/view?usp=sharing

✏ Por último, unha actividade online a través de Liveworksheets. Recordades as partes do día en inglés e o que significaba cada unha: in the morning, in the afternoon, in the evening and at night? Tedes que escoller a opción correcta para cada oración e recordade que esta actividade podedes facela online sen necesidade de imprimir:
https://es.liveworksheets.com/rt28745zl

Have a good day! Bye!

venres, 3 de abril de 2020

Childhood education (educación infantil)

Hello children? Practicástedes moito cantando as cancións que vos colguei a semana pasada? Espero que si! Hoxe deixovos un conto sobre un "Monster" moi especial ó que lle gusta moito o chocolate, como a vós. Espero que vos guste.Cando rematedes de velo e escoitalo podedes facer un debuxo do monstruo se vos apetece.




Espérovos por aquí despois das vacacións! Bye!

4th grade activities (Actividades para 4º)

Happy Friday! Aquí vos deixo as últimas tarefas ata a volta da Semana Santa:

🎞Recordades a historia "Night and Day"?:
https://drive.google.com/file/d/10wRXikiY14Gi1XmTFZG_Fvd1d0qj9E7R/view?usp=sharing

✏ Practicamos outro pouquiño as rutinas e as horas:
https://es.liveworksheets.com/hp38508ud

 ATENCIÓN:As fichas como a de hoxe, poden facerse sin necesidade de imprimir: tedes que escribir as oracións no voso ordenador, móbil ou tableta e unha vez rematedes na parte de abaixo darlle a TERMINADO. Despois tedes dúas opcións, ver as que fallástedes dándolle a COMPROBAR MIS RESPUESTAS ( as que aparecen en verde están ben e as que están en vermello están mal, podedes facelo as veces que necesitedes hasta ter todo ben) e ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, donde podedes meter a miña dirección de email e eu  recibirei os vosos traballos. Vós mesmos poderedes comprobar o que está ben ou mal, polo tanto non vos enviarei ningún correo de volta con correccións destas fichas, pero si as recibirei cando as enviedes a través da páxina para ver o  o ben que vos sairon.

🎮 E para rematar xogamos outro pouco;
https://www.gamestolearnenglish.com/telling-the-time/

Vémonos por aquí despois das vacacións! Bye!

2nd grade activities (Actividades para 2º)

Good morning! Xa é venres! Colgo as últimas tarefas antes das vacacións! Vémonos por aquí á volta da Semana Santa!

🎞 Imos repasar os " Animals", e comezamos coa historia que xa vimos na clase:
https://elt.oup.com/student/greatexplorers/level02/stories?cc=global&selLanguage=en#tracktitle

✏ Agora imos practicar as palabras facendo as páxinas 7 e 8 (xa sei que quedan dúas polo medio sen facer sobre a casa, non vos preocupedes, xa as faremos):
https://drive.google.com/file/d/1IgygeT-p3Adtwc6tcS9d-fcIOIdLKFcR/view?usp=sharing

🎮 Por último, unhos xogos de números:
https://www.helpfulgames.com/subjects/english/281-numbers-from-1-to-20.html

Boas vacacións, vémonos por aquí á volta! Bye!


1st grade activities ( Actividades para 1º)

Hello! Vou a poñer as últimas tarefas antes das vacacións da Semana Santa, descansade moito e pasadeo o mellor posible.

🎶 Recordades "The farm animals"? Aquí vos deixo a canción para comprobalo:
https://drive.google.com/file/d/1fwiOeRgySogKsAb7uQOf80Yq0BV_Ro0W/view?usp=sharing

✏ Agora practicamos un pouquiño esas palabras nesta ficha:
https://drive.google.com/file/d/1NisL72MCQuJGenplYsmyMHGGckoq5YUr/view?usp=sharing

🎮 Por último...xogamos? Aquí tedes varios xogos de números, podedes xogar ó número 1 e ó número 3, que son sobre os números do 1 ó 10:
https://www.helpfulgames.com/subjects/english/281-numbers-from-1-to-20.html

Pasade unha boa semana e vémonos por aquí á volta. Bye!


xoves, 2 de abril de 2020

4th grade activities ( Actividades para 4º)

Good morning! Aquí vos deixo unha pouquiña de tarefa para hoxe:

🎶 Comezamos cantando:
https://drive.google.com/file/d/1bXqxmhTb25ewHqkOXuKhrA30mw54oB5b/view?usp=sharing

✏ Imos traballar agora: o outro día pedinvos os números ata o 50, hoxe tocan ata o 100:
https://docs.google.com/document/d/1kdE0MdGqL2K3GJJFFSV8ybLXONur-VYEpoIS2JOeOZk/edit?usp=sharing

🎮 Por último, xogamos outro pouquiño para practicalos con "Monster numbers":
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

Mañá venres teríamos tamén inglés ,así que colgareivos a última tarefa antes das vacacións da Semana Santa. See you tomorrow!

6th grade activities (Actividades para 6º)

Good Morning!! Antes de nada decirvos que estou recibindo todos os traballos que me enviades a través de Liveworksheets, a maioría con moi bos resultados, Congratulations!
Xa vos expliquei que na propia páxina na que facedes a actividade podedes ver os erros dándolle a "comprobar mis respuestas", os cales aparecerán marcados en vermello. Podedes volver a realizala as veces que sexa necesario ata facela perfecta e despois enviarma para que eu sepa que a fixestedes. Polo tanto sobre esas fichas non vos enviarei correo coa corrección xa que non é necesario. Se hai algo que non sepades , entón poñédevos en contacto conmigo polo correo e explicareivos o que necesitedes. O resto de fichas que non son da páxina Liveworksheets, como por exemplo a da historia,  vedes que si vos envío os traballos correxidos ó correo,  pero pouco a pouco, xa sabedes que lle dou clase de Inglés a todo o cole, e teño traballos para correxir de todos os cursos. 😅

Cólgovos as tarefas para hoxe:
🎶 Cantamos un pouquiño

✏ Agora a traballar, esta vez sobre o pasado dos verbos regulares (terminación -ed, recordade). A primeira actividade é un listening, tedes o link co audio a continuación para escoitar as veces que necesitedes:

🎮 Por último, un xogo de concentración:

Recordade que a próxima semana estamos de vacacións así que vémonos por aquí á volta. Descansade e divertídevos moito. Bye!!


5th grade activities (Actividades para 5º)

Good morning children! Antes de nada decirvos que estou recibindo todos os traballos que me enviades a través de Liveworksheets, por certo a maioría con excelentes resultados, NORABOA!
Xa vos expliquei que na propia páxina na que facedes a actividade podedes ver os erros dándolle a "comprobar mis respuestas", os cales aparecerán marcados en vermello. Podedes volver a realizala as veces que sexa necesario ata facela perfecta e despois enviarma para que eu sepa que a fixestedes. Polo tanto sobre esas fichas non vos enviarei correo coa corrección xa que non é necesario. Se hai algo que non sepades , entón poñédevos en contacto conmigo polo correo e explicareivos o que necesitedes. O resto de fichas que non son da páxina Liveworksheets, como por exemplo a da historia,  vedes que si vos envío os traballos correxidos ó correo,  pero pouco a pouco, xa sabedes que lle dou clase de Inglés a todo o cole, e teño traballos para correxir de todos os cursos. 😅

Imos logo co traballo de hoxe:

🎶 Coma sempre, comezamos con música:
https://drive.google.com/file/d/1YefjzWyeHshLn8OgZpJ4NZLHC6uXX0RS/view?usp=sharing


✏ Agora dúas fichas para traballar un poquiños, estas están en pdf, tedes que imprimilas ou se non tedes impresora facer as actividades na libreta ou nun folio.  Hai un exercicio, o número dous que te da primeira ficha que é un listening ( tedes que escoitar e poñer o nome dos nenos debaixo da foto correcta). Póñovos o audio a continuación para que o escoitedes as veces que necesitedes.

https://drive.google.com/file/d/1zSWdNvHbWDZPQmwzT7k0TNe5wLcerko1/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1NRLnvfOd7lwYWtzQGjOV16Mbg0DNROPS/view?usp=sharing (AUDIO PARA A FICHA ANTERIOR)
https://drive.google.com/file/d/1rbhVtCg9GmczadcDAQ83eEGUNdFAqF11/view?usp=sharing

🎮 Por último, un xogo de concentración:
https://www.gamestolearnenglish.com/concentration/

Recordade que a semana próxima estamos de vacacións así que vémonos por aquí á volta. Descansade e divertídevos moito. Bye!!


3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning everybody! Cólgovos as tarefas para hoxe:

🎶 Coma sempre comezamos poñéndolle un pouco de música ó xoves:
https://drive.google.com/file/d/1Av2PU6fZredpTwnXD5vhjBGz4sLbSDtj/view?usp=sharing

✏ Seguimos repasando un pouquiño "Likes and dislikes"¨.
A primeira actividade é un listening, tedes que pinchar no altavoz, escoitar o que vos dice o audio sobre o neno ou a nena, mirar os debuxos sobre cada un,  e marcar TRUE si é verdadeiro ou FALSE si é falso.
https://es.liveworksheets.com/ig406jz
A segunda actividade é Speaking, ou sexa, tedes que falar. Nos debuxos da ficha, arriba de todo, tedes o que lles gusta e non lles gusta ó neno e á nena. Tedes que decir en voz alta oracións sobre eles. Tedes que pichar no micrófono que vos aparece en vermello e falar. Recordade ter o micróno activado no ordenado , tablet ou móbil no que ides facer a actividade. Despois de falar, xa vos vai aparecer a oración escrita. Non deberades ter problema, pero se non conseguides facelo, non pasa nada, facedes só a actividade anterior.
https://es.liveworksheets.com/fl407cp

🎮 Por último, o xogo "Monster numbers" para que non se nos olviden os números:
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

Recordade que a semana próxima son as vacacións de Semana Santa, así que ata a volta non colgarei máis actividades. Espero que o pasedes ben, aínda que teñamos que estar na casa. Despois das vacacións seguimos traballando por aquí! Bye!

mércores, 1 de abril de 2020

6h grade activities ( Actividades para 6º)

Hi children! Vexo que estades a traballar moito pois estou recibindo os vosos traballos de liveworksheets, con moi bos resultados por certo. Imos continuar:

🎵 Let's sing:
https://drive.google.com/file/d/1riENn30n-nVBcopMUNcJS8mzVtS5ebtl/view?usp=sharing

✏ Now, let's work:
https://es.liveworksheets.com/mi5438uq

🎮 And finally, let's play:
https://www.gamestolearnenglish.com/fast-phrases!

Bye!

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Hello! How are you? We are going to work a little bit, let's go!

🎶 Para comezar, un pouco de música:
https://drive.google.com/file/d/10zuv_FT2oEnOAxxNaM5_tseplyL1fzxd/view?usp=sharing

✏ Agora traballamos: o outro día pedinvos escribir os números do 1 ata o 50, hoxe toca seguir do 50 ata o 100!:
https://docs.google.com/document/d/1kdE0MdGqL2K3GJJFFSV8ybLXONur-VYEpoIS2JOeOZk/edit?usp=sharing

🎮Por último practicamos os números xogando con "Monster numbers":
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

See you!


1st grade activities ( Actividades para 1º)

Good morning everybody!! Imos repasar outro pouquiño as cousiñas que xa sabemos!

🎞 Comezamos recordando o vocabulario da familia con "Family story":
https://elt.oup.com/student/greatexplorers/level01/stories?cc=global&selLanguage=en#tracktitle

✏ Agora imos traballar un pouquiño facendo a seguinte actividade:
https://drive.google.com/file/d/1nNnM3vbdkxuo7A2eJccRjd7LJPi-noIM/view?usp=sharing

🎮Para rematar xogamos outro pouquiño con "Colours":
https://www.helpfulgames.com/subjects/english/353-colours.html

Enjoy!



5th grade activities (Actividades para 5º)

Hello! Seguimos repasando "Sports" and " Present Continuous":

🎶 Let's start with the song:
https://drive.google.com/file/d/1YefjzWyeHshLn8OgZpJ4NZLHC6uXX0RS/view?usp=sharing

✏ Continuamos con unha actividade de completar:
https://es.liveworksheets.com/bh105812ub

🎮 Rematamos xogando un pouco con vocabulario variado en inglés (tedes que arrastar as palabras e colocalas ó lado do debuxo correcto):
https://www.gamestolearnenglish.com/vocab-game/


Bye!!