mércores, 15 de abril de 2020

6th grade activities (Actividades para 6º)

Welcome again! Espero que pasárades unha boa Semana Santa e que veñades con moitas ganas de seguir aprendendo e repasando cousiñas que xa sabemos! Aquí vos deixo a tarefa para hoxe:

🎞 Recordades como comparábamos dúas personas, animais ou cousas en inglés? Imos refrescar a memoria coa historia " The three brothers" a ver se sodes capaces de recoñecer os adxectivos comparativos e superlativos que aparecen nela:
https://drive.google.com/file/d/1cFDvtQ_nRZlqWe2IbWk4ZtTVynRuIVRE/view?usp=sharing

🎞 Agora imos cun vídeo no que tedes que responder unhas preguntas sobre o que acabades de ver e escoitar no anterior. Faranvos a pregunta e logo irán aparecendo as opcións que tedes para escoller. O meu consello é que nese momento pausedes o vídeo para que teñades tempo de pensar a resposta porque inmediatamente despois vos dirá cal é a correcta (intentadeo primeiro a ver se adiviñades):
https://drive.google.com/file/d/1AQAGyysSr5--zbNbe3HmMlMQBc72iq-q/view?usp=sharing

✏ Agora que xa refrescamos a memoria, imos a escoller os comparativos e superlativos correctos na seguinte ficha (recordade que os adxectivos longos fan a forma superlativa e comparativa de xeito diferente ós curtos):
https://es.liveworksheets.com/xs22491nr

🎮 Por último un xogo para seguir practicando e ó mesmo tempo divertirnos un pouco:
https://www.gamestolearnenglish.com/comparatives/

See you tomorrow!

Ningún comentario:

Publicar un comentario