xoves, 2 de abril de 2020

6th grade activities (Actividades para 6º)

Good Morning!! Antes de nada decirvos que estou recibindo todos os traballos que me enviades a través de Liveworksheets, a maioría con moi bos resultados, Congratulations!
Xa vos expliquei que na propia páxina na que facedes a actividade podedes ver os erros dándolle a "comprobar mis respuestas", os cales aparecerán marcados en vermello. Podedes volver a realizala as veces que sexa necesario ata facela perfecta e despois enviarma para que eu sepa que a fixestedes. Polo tanto sobre esas fichas non vos enviarei correo coa corrección xa que non é necesario. Se hai algo que non sepades , entón poñédevos en contacto conmigo polo correo e explicareivos o que necesitedes. O resto de fichas que non son da páxina Liveworksheets, como por exemplo a da historia,  vedes que si vos envío os traballos correxidos ó correo,  pero pouco a pouco, xa sabedes que lle dou clase de Inglés a todo o cole, e teño traballos para correxir de todos os cursos. 😅

Cólgovos as tarefas para hoxe:
🎶 Cantamos un pouquiño

✏ Agora a traballar, esta vez sobre o pasado dos verbos regulares (terminación -ed, recordade). A primeira actividade é un listening, tedes o link co audio a continuación para escoitar as veces que necesitedes:

🎮 Por último, un xogo de concentración:

Recordade que a próxima semana estamos de vacacións así que vémonos por aquí á volta. Descansade e divertídevos moito. Bye!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario