venres, 19 de xuño de 2020

Happy summer holidays!

Hello children!


Pouquiño a pouco chegamos ó remate deste curso tan diferente! 
Pero antes de comezar a disfrutar do verán gustaríame darvos a todos os nenos e nenas a miña noraboa polo moito que traballástedes durante estes meses. O mérito é doble por ter que facelo nas condicións nas que nos tocou, pois sei que non foi fácil, pero día a día estivéstedes ahí pendentes das vosas tarefas e facéndoas o mellor posible. 
Quero tamén darlles as gracias ás vosas familias, polo moito que se implicaron axudándovos coas tarefas e preocupándose de facermas chegar, facendo nas vosas casas unha labor indispensable e unha parte do noso traballo como mestres...moitísimas gracias.
E xa non vos entreteño máis...que está un día estupendo para que comecedes a pasalo ben! 😎
Sinto non poder despedirme en persoa de todos vós xa que para o curso que ven non vou a estar...pero espero que nos vexamos moi pronto, se non é no cole dando un paseíño por ahí que xa sabedes que vivo cerquiña 😉

Agora si...moi felices vacacións! Pasádeo xenial que o tedes merecido!
Lots of kisses and see you soon!



Ningún comentario:

Publicar un comentario