Good morning children! Antes de nada decirvos que estou recibindo todos os traballos que me enviades a través de Liveworksheets, por certo a maioría con excelentes resultados, NORABOA!
Xa vos expliquei que na propia páxina na que facedes a actividade podedes ver os erros dándolle a "comprobar mis respuestas", os cales aparecerán marcados en vermello. Podedes volver a realizala as veces que sexa necesario ata facela perfecta e despois enviarma para que eu sepa que a fixestedes. Polo tanto sobre esas fichas non vos enviarei correo coa corrección xa que non é necesario. Se hai algo que non sepades , entón poñédevos en contacto conmigo polo correo e explicareivos o que necesitedes. O resto de fichas que non son da páxina Liveworksheets, como por exemplo a da historia, vedes que si vos envío os traballos correxidos ó correo, pero pouco a pouco, xa sabedes que lle dou clase de Inglés a todo o cole, e teño traballos para correxir de todos os cursos. 😅
Imos logo co traballo de hoxe:
🎶 Coma sempre, comezamos con música:
https://drive.google.com/file/d/1YefjzWyeHshLn8OgZpJ4NZLHC6uXX0RS/view?usp=sharing
✏ Agora dúas fichas para traballar un poquiños, estas están en pdf, tedes que imprimilas ou se non tedes impresora facer as actividades na libreta ou nun folio. Hai un exercicio, o número dous que te da primeira ficha que é un listening ( tedes que escoitar e poñer o nome dos nenos debaixo da foto correcta). Póñovos o audio a continuación para que o escoitedes as veces que necesitedes.
https://drive.google.com/file/d/1zSWdNvHbWDZPQmwzT7k0TNe5wLcerko1/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1NRLnvfOd7lwYWtzQGjOV16Mbg0DNROPS/view?usp=sharing (AUDIO PARA A FICHA ANTERIOR)
https://drive.google.com/file/d/1rbhVtCg9GmczadcDAQ83eEGUNdFAqF11/view?usp=sharing
🎮 Por último, un xogo de concentración:
https://www.gamestolearnenglish.com/concentration/
Recordade que a semana próxima estamos de vacacións así que vémonos por aquí á volta. Descansade e divertídevos moito. Bye!!
Hello! Este é o blog da clase de inglés do CEIP Juan Rey no que poderedes atopar actividades, xogos, cancións e recursos para poder realizar durante estes días nas vosas casas. See you soon!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Helloooo! Aquí vos deixo unhas pequenas tarefas para hoxe: 🎶 Let's sing: https://drive.google.com/file/d/1O3w8O9ow9N95ps7KZ2f8jPnoHDk...
-
Good morning! Let's work! ✏ Hoxe toca falar un pouquiño do voso pobo. Imaxinade que algúen non o coñece e lle tedes que explicar que l...
-
Hello everybody! Listos para traballar un pouquiño en inglés? Aquí está a tarefa: 🎶 Comezamos cantando para coller enerxía: https://drive....
Ningún comentario:
Publicar un comentario