venres, 19 de xuño de 2020

Happy summer holidays!

Hello children!


Pouquiño a pouco chegamos ó remate deste curso tan diferente! 
Pero antes de comezar a disfrutar do verán gustaríame darvos a todos os nenos e nenas a miña noraboa polo moito que traballástedes durante estes meses. O mérito é doble por ter que facelo nas condicións nas que nos tocou, pois sei que non foi fácil, pero día a día estivéstedes ahí pendentes das vosas tarefas e facéndoas o mellor posible. 
Quero tamén darlles as gracias ás vosas familias, polo moito que se implicaron axudándovos coas tarefas e preocupándose de facermas chegar, facendo nas vosas casas unha labor indispensable e unha parte do noso traballo como mestres...moitísimas gracias.
E xa non vos entreteño máis...que está un día estupendo para que comecedes a pasalo ben! 😎
Sinto non poder despedirme en persoa de todos vós xa que para o curso que ven non vou a estar...pero espero que nos vexamos moi pronto, se non é no cole dando un paseíño por ahí que xa sabedes que vivo cerquiña 😉

Agora si...moi felices vacacións! Pasádeo xenial que o tedes merecido!
Lots of kisses and see you soon!



xoves, 18 de xuño de 2020

4th grade activities (Actividades para 4º)

Good morning!

Conta atrás para as vacacións....⏰

Hoxe deíxovos por aquí dúas páxinas con xogos online en inglés por si queredes practicar e repasar este verán.
Na primeira tedes que seleccionar primeiro "Levels 3 and 4" e despois en cada un dos xogos  tedes pera escoller "easy" (fácil), "medium" (medio) e "difficult" díficil, recoméndovos comezar polo fácil e si vos sae ben ir subindo de dificultade. Despois tedes que escoller un personaxe e xa podedes comezar a xogar:

https://elt.oup.com/student/oupeprimary/gameszone/?cc=global&selLanguage=en


A segunda páxina ten tamén xogos variados...algúns deles xa os colgara anteriormente algún día como tarefa. Hai xogos que non saberedes facer porque son para cursos máis altos e son sobre cousas que aínda non traballamos pero hai outros moitos de vocabulario que podedes facer sen problema. Investigade sen medo! Espero que vos gusten!:
https://www.gamestolearnenglish.com/?fbclid=IwAR081B0veyTUNTlRMBapd52brt2nPk7l62GgtJhNiZ_ZUXKEbCd_2jWhVjA

See you tomorrow!

5th and 6th grades actitivities (Actividades para 5º e 6º)

Hello! Penúltimo día.... 😞

Por aquí vos deixo outra páxina con xogos en inglés para que repasedes e practiquedes este verán se vos apetece. Pode haber algunha cousa que non traballamos pero a maior parte dos xogos teríades que ser capaces de poder facelos sen ningún problema pois son sinxelos. Espero que vos gusten!

https://www.gamestolearnenglish.com/?fbclid=IwAR081B0veyTUNTlRMBapd52brt2nPk7l62GgtJhNiZ_ZUXKEbCd_2jWhVjA

See you tomorrow! (Para despedirnos 😅)

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning and happy Thursday!

Por aquí vos deixo outra páxina con xogos variados en inglés para que repasedes e practiquedes este verán se vos apetece.Hai algunhas cousas que non traballamos porque son de cursos máis altos, pero hai  moitos de vocabulario que si podedes facer. Espero que vos gusten!


See you tomorrow!

mércores, 17 de xuño de 2020

5th and 6th grade activities (Actividades para 5º e 6º)

Hello everybody!

Hoxe cólgovos un link con unhos xogos variados en inglés. O primeiro que tedes que facer é seleccionar "Levels 5 & 6" e despois escoller o xogo que queirades. Cada xogo ten tres niveis de dificultade: "easy"(fácil), medium (medio) e "difficult"(difícil), recoméndovos comezar polo fácil e logo ir subindo.
Espero que vos gusten!

https://elt.oup.com/student/oupeprimary/gameszone/?cc=global&selLanguage=en

Enjoy the day!

1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning!

Pois casi casi rematamos este curso tan "atípico". Hoxe xa non imos a facer máis tarefas no libro nin de imprimir...o máis importante xa o traballamos!
 A actividade de hoxe chámase "Kahoot" e consiste nun xogo que eu vos preparei con unha serie de preguntas sobre o vocabulario traballado durante este curso. Hai  preguntas de cada un dos bloques de conceptos importantes que fumos traballando: cores, números, material escolar, xoguetes e adxectivos para describilos, animais da granxa, membros da familia, adxectivos sobre estados de ánimo, alimentos  e elementos da paisaxe.
O primeiro que tedes que facer é pinchar no seguinte link, despois introducir o voso nome onde pon "Enter Nickname", e despois darlle ó botón verde"Ok, go". Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta dentro do tempo permitido que é un minuto e medio.
Espero que vos guste!

https://kahoot.it/challenge/03465837?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592388242336

Have a nice day! Bye!

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Hello!

Hoxe deíxovos por aquí unha páxina na que tedes varios xogos en inglés para practicar estes días e tamén durante o verán.
Tedes que seleccionar primeiro "Levels 3 and 4" e despois en cada un dos xogos  tedes pera escoller "easy" (fácil), "medium" (medio) e "difficult" díficil, recoméndovos comezar polo fácil e si vos sae ben ir subindo de dificultade. Despois tedes que escoller un personaxe e xa podedes comezar a xogar. Espero que vos gusten:
https://elt.oup.com/student/oupeprimary/gameszone/?cc=global&selLanguage=en

Bye bye!

martes, 16 de xuño de 2020

2nd grade activities (Actividades para 2º)

Hello Children!

Non nos queda nada xa! Nuns días estamos de vacacións! Que rápido pasou este curso verdade?😔

Pois como esta é a última semana, e estivéstedes traballando moito todo este tempo, vós realizando as diferentes tarefas e as vosas familias axudándovos e facendome chegar a min os vosos traballos...non vou a enviarvos máis tarefas para facer no libro nin para escanear. O máis importante xa o  temos visto así que hoxe imos a xogar a un xogo novo que se chama Kahoot.
Consiste nunha serie de preguntas online con un pouquiño de todo o que traballamos este curso. O primeiro que tedes que facer é escribir o voso nome nun cadriño branco que vos aparecerá na parte de abaixo que pon "Enter nickname" e despois  darlle ó botón verde "Ok, go". A continuación comezará o xogo. Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta, tendo en conta que tedes 60 segundos (1 minuto) para cada unha. Tede coidado porque a profe foi un pouco "mala"😈 e tedes algunha resposta "trampa"...así que fixádevos ben! Cada vez que contestedes unha pregunta diravos se é correcta ou non e tedes que darlle a "Next" para pasar á seguinte. Espero que vos guste!

https://kahoot.it/challenge/099076?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592248426601

Have a nice day! Bye bye!

4th grade Activities (Actividades para 4º)

Good morning and happy Tuesday!

Chegou a última semana deste curso tan "atípico" e como estivéstedes traballando moito todo este tempo, tanto vós facendo as diferentes tarefas, como as vosas familias axudándovos co traballo e encargádose de facermo chegar....esta semana non vou a enviarvos máis tarefas para imprimir nin escanear.

A tarefa de hoxe é un Kahoot, e consiste nun xogo de preguntas online con un pouquiño de todo o que traballamos este curso. O primeiro que tedes que facer é escribir o voso nome nun cadriño branco que vos aparecerá na parte de abaixo que pon "Enter nickname" e despois  darlle ó botón verde "Ok, go". A continuación comezará o xogo. Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta, tendo en conta que tedes 30 segundos para cada unha...tede coidado porque a profe foi un pouco "mala"😈 e tedes algunha resposta "trampa"...así que fixádevos ben! Cada vez que contestedes unha pregunta, diravos se é correcta ou non e tedes que darlle a "Next" para pasar á seguinte. Espero que vos guste!


https://kahoot.it/challenge/08058891?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592245994106


Have a nice day! Bye!

luns, 15 de xuño de 2020

6th grade activities (Actividades para 6º)

Good morning and happy Monday!

Pois pouquiño a pouco chegamos ó remate deste curso 😞 Esta semana é a última e como estivéstedes traballando moito todo este tempo,tanto vós facendo as actividades como as vosas familias axudándovos co traballo e encargándose de facermo chegar...esta semana xa non vou a enviarvos máis tarefas para realizar en papel nin escanear.

A tarefa de hoxe é un Kahoot, e consiste nun xogo de preguntas online con un pouquiño de todo o que traballamos este curso. O primeiro que tedes que facer é escribir o voso nome nun cadriño branco que vos aparecerá na parte de abaixo que pon "Enter nickname" e despois  darlle ó botón verde "Ok, go". A continuación comezará o xogo. Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta, tendo en conta que tedes 20 segundos para cada unha...tede coidado porque a profe foi un pouco "mala"😈 e tedes algunha resposta "trampa"...así que fixádevos ben! Cada vez que contestedes unha pregunta, diravos se é correcta ou non e tedes que darlle a "Next" para pasar á seguinte. Espero que vos guste!


https://kahoot.it/challenge/05533760?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592221209434

Enjoy the day! Bye!