Good morning and happy Tuesday!
Chegou a última semana deste curso tan "atípico" e como estivéstedes traballando moito todo este tempo, tanto vós facendo as diferentes tarefas, como as vosas familias axudándovos co traballo e encargádose de facermo chegar....esta semana non vou a enviarvos máis tarefas para imprimir nin escanear.
A tarefa de hoxe é un Kahoot, e consiste nun xogo de preguntas online con un pouquiño de todo o que traballamos este curso. O primeiro que tedes que facer é escribir o voso nome nun cadriño branco que vos aparecerá na parte de abaixo que pon "Enter nickname" e despois darlle ó botón verde "Ok, go". A continuación comezará o xogo. Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta, tendo en conta que tedes 30 segundos para cada unha...tede coidado porque a profe foi un pouco "mala"😈 e tedes algunha resposta "trampa"...así que fixádevos ben! Cada vez que contestedes unha pregunta, diravos se é correcta ou non e tedes que darlle a "Next" para pasar á seguinte. Espero que vos guste!
https://kahoot.it/challenge/08058891?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592245994106
Have a nice day! Bye!
Hello! Este é o blog da clase de inglés do CEIP Juan Rey no que poderedes atopar actividades, xogos, cancións e recursos para poder realizar durante estes días nas vosas casas. See you soon!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Helloooo! Aquí vos deixo unhas pequenas tarefas para hoxe: 🎶 Let's sing: https://drive.google.com/file/d/1O3w8O9ow9N95ps7KZ2f8jPnoHDk...
-
Good morning! Let's work! ✏ Hoxe toca falar un pouquiño do voso pobo. Imaxinade que algúen non o coñece e lle tedes que explicar que l...
-
Hello everybody! Listos para traballar un pouquiño en inglés? Aquí está a tarefa: 🎶 Comezamos cantando para coller enerxía: https://drive....
Ningún comentario:
Publicar un comentario