xoves, 2 de abril de 2020

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning everybody! Cólgovos as tarefas para hoxe:

🎶 Coma sempre comezamos poñéndolle un pouco de música ó xoves:
https://drive.google.com/file/d/1Av2PU6fZredpTwnXD5vhjBGz4sLbSDtj/view?usp=sharing

✏ Seguimos repasando un pouquiño "Likes and dislikes"¨.
A primeira actividade é un listening, tedes que pinchar no altavoz, escoitar o que vos dice o audio sobre o neno ou a nena, mirar os debuxos sobre cada un,  e marcar TRUE si é verdadeiro ou FALSE si é falso.
https://es.liveworksheets.com/ig406jz
A segunda actividade é Speaking, ou sexa, tedes que falar. Nos debuxos da ficha, arriba de todo, tedes o que lles gusta e non lles gusta ó neno e á nena. Tedes que decir en voz alta oracións sobre eles. Tedes que pichar no micrófono que vos aparece en vermello e falar. Recordade ter o micróno activado no ordenado , tablet ou móbil no que ides facer a actividade. Despois de falar, xa vos vai aparecer a oración escrita. Non deberades ter problema, pero se non conseguides facelo, non pasa nada, facedes só a actividade anterior.
https://es.liveworksheets.com/fl407cp

🎮 Por último, o xogo "Monster numbers" para que non se nos olviden os números:
https://www.gamestolearnenglish.com/numbers/

Recordade que a semana próxima son as vacacións de Semana Santa, así que ata a volta non colgarei máis actividades. Espero que o pasedes ben, aínda que teñamos que estar na casa. Despois das vacacións seguimos traballando por aquí! Bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario