Hello again!How are you ? Espero que pasárades unha boa Semana Santa dentro do posible.
Hoxe deíxovos unhas actividades novas para que pasedes un ratiño agradable e non olvidedes todo o que xa sabedes en inglés:
🎞 O primeiro é un vídeo sobre as " daily routines " dunha nena inglesa, escoitadeo atentamente, seguro que sodes capaces de entender todo o que vos conta:
https://drive.google.com/file/d/1TawQV5aSGj6zAavNlGf0cM3_IezLGSXT/view?usp=sharing
🎞 O segundo é outro vídeo que vos fará unhas preguntas sobre as "daily routines" da nena, faranvos a pregunta e logo irán aparecendo as tres opcións que tedes para escoller, recoméndovos que nese momento pausedes o vídeo para que vos de tempo a pensar a resposta, porque inmediatamente despois vos dirá cal é a correcta (intentadeo vos primeiro a ver se adiviñades):
https://drive.google.com/file/d/1EYsE3wjx3tc0MEO4nPf3jCLjGAiLc_i9/view?usp=sharing
✏ Por último, unha actividade online a través de Liveworksheets. Recordades as partes do día en inglés e o que significaba cada unha: in the morning, in the afternoon, in the evening and at night? Tedes que escoller a opción correcta para cada oración e recordade que esta actividade podedes facela online sen necesidade de imprimir:
https://es.liveworksheets.com/rt28745zl
Have a good day! Bye!
Hello! Este é o blog da clase de inglés do CEIP Juan Rey no que poderedes atopar actividades, xogos, cancións e recursos para poder realizar durante estes días nas vosas casas. See you soon!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Hello! Penúltimo día.... 😞 Por aquí vos deixo outra páxina con xogos en inglés para que repasedes e practiquedes este verán se vos apetec...
-
Good morning! Pois casi casi rematamos este curso tan "atípico". Hoxe xa non imos a facer máis tarefas no libro nin de imprimir....
-
Hello everybody! Hoxe cólgovos un link con unhos xogos variados en inglés. O primeiro que tedes que facer é seleccionar "Levels 5 ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario