🎶 Xa que onte estivemos polo "space", comezamos cantando " The space food song":
https://drive.google.com/file/d/1uNY5csUFAY8XMTUDT5iiisiHrbGZq9Zl/view?usp=sharing
✏ Despois de ver onte o vídeo e do que xa traballáramos na clase sobre o tema sodes capaces de responder as seguintes preguntas?:
- Where do astronauts sleep? (Onde durmen os astronautas?)
- What sports do astronauts do? (Que deportes fan os astronautas?)
- What do astronauts eat? (Que comen os astronautas?)
Se sodes capaces de responder estas tres preguntas podedes facer a seguinte tarefa. Tedes un cohete (rocket) con tres textos que vos falan sobre a vida dos astronautas. Ó lado tres fotos, unha para colocar ó lado de cada texto, que tedes que poñer no sitio correcto. Despois de pegalas no seu sitio podedes recortalo (cut), doblalo pola línea do medio (fold) e pegar as dúas metades botando pegamento na parte interior (stick).
Xa sabedes que si non podedes imprimir, podedes facer a tarefa igual, escribindo vós os textos e facendo ó lado o debuxo que lle corresponda a cada un.
See you next week! Bye bye!
Ningún comentario:
Publicar un comentario