Estes días repasamos o pasado do verbo "to be" (was/were/wasn´t weren´t) e tamén o pasado dos verbos regulares que se formaba do seguinte xeito:
Present: I study Maths (affirmative) / I don´t study Maths (negative)
❗Past: I studied Maths (affirmative) / I didn´t study Maths (negative)
Pois hoxe imos aprender algo novo: o pasado de varios verbos irregulares, que non cumplen a norma de engadir "ed" ou "d" senón que forman o pasado con unha palabra diferente que temos que aprender. Son os seguintes:
Verb Past (affirmative) Past (negative)
Go (ir) Went Didn´t goSay (decir) Said Didn´t say
See (ver) Saw Didn´t see
Have (ter) Had Didn´t have
Give (dar) Gave Didn´t give
Como vedes as forma affirmativas do pasado hai que estudialas, pero a negativa é moi fácil...só tedes que poñer a palabra "didn't" diante do verbo en infinitivo (isto é igual que nos verbos regulares).
📝A primeira tarefa de hoxe é estudiar a forma en pasado dos cinco verbos anteriores (as palabras en verde).
📝 A segunda tarefa consta de dúas actividades:
- Na primeira actividade tedes que escribir unha oración en pasado para cada imaxe utilizando os verbos en pasado e algunha palabra do cadriño vermello.
- Na segunda actividade tedes que ler as cinco oracións en pasado e correxilas mirando as imaxes do exercicio anterior .
- https://drive.google.com/file/d/1avOlJZOv3s1CcO-7uoipmcHDYk2YP4kl/view?usp=sharing
Have a nice day! Bye!
Ningún comentario:
Publicar un comentario