xoves, 11 de xuño de 2020

5th grade activities (Actividades para 5º)

Hello everybody!

Recordades que cando estivemos traballando o vocabulario da roupa limos un texto sobre os uniformes escolares que levaban algúns nenos e nenas en diferentes partes do mundo?
Imos refrescar a memoria, tedes o texto na páxina 12 do libro e tamén vos colgo aquí a imaxe. Tedes que ir seguindo a lectura co audio que vos poño a continuación:
🔊 https://drive.google.com/file/d/1ozoOKnZDssA3965Kyo_tfHyJ6kFNCjbk/view?usp=sharing


📝E agora como a cousa vai de uniformes imos facer a seguinte actividade:
  • Na parte superior da ficha hai diferentes prendas de roupa para vestir ós nenos e nenas de tres países diferentes (USA, China and France) que tedes a continuación. Primeiro tedes que ler os textos para saber o que necesita cada un deles, pintar a prenda da cor ou cores que vos di, recortala e despois pegala encima de cada neno e nena. (Unha das prendas di que é "checked" que significa "a cadros"):
  • https://drive.google.com/file/d/10QRUnoIHLJGwv-AxPJHCUUjr0OW0mdWE/view?usp=sharing
Have a nice weekend! Bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario