Hello Children!
Non nos queda nada xa! Nuns días estamos de vacacións! Que rápido pasou este curso verdade?😔
Pois como esta é a última semana, e estivéstedes traballando moito todo este tempo, vós realizando as diferentes tarefas e as vosas familias axudándovos e facendome chegar a min os vosos traballos...non vou a enviarvos máis tarefas para facer no libro nin para escanear. O máis importante xa o temos visto así que hoxe imos a xogar a un xogo novo que se chama Kahoot.
Consiste nunha serie de preguntas online con un pouquiño de todo o que traballamos este curso. O primeiro que tedes que facer é escribir o voso nome nun cadriño branco que vos aparecerá na parte de abaixo que pon "Enter nickname" e despois darlle ó botón verde "Ok, go". A continuación comezará o xogo. Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta, tendo en conta que tedes 60 segundos (1 minuto) para cada unha. Tede coidado porque a profe foi un pouco "mala"😈 e tedes algunha resposta "trampa"...así que fixádevos ben! Cada vez que contestedes unha pregunta diravos se é correcta ou non e tedes que darlle a "Next" para pasar á seguinte. Espero que vos guste!
https://kahoot.it/challenge/099076?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592248426601
Have a nice day! Bye bye!
Hello! Este é o blog da clase de inglés do CEIP Juan Rey no que poderedes atopar actividades, xogos, cancións e recursos para poder realizar durante estes días nas vosas casas. See you soon!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Helloooo! Aquí vos deixo unhas pequenas tarefas para hoxe: 🎶 Let's sing: https://drive.google.com/file/d/1O3w8O9ow9N95ps7KZ2f8jPnoHDk...
-
Good morning! Let's work! ✏ Hoxe toca falar un pouquiño do voso pobo. Imaxinade que algúen non o coñece e lle tedes que explicar que l...
-
Hello everybody! Listos para traballar un pouquiño en inglés? Aquí está a tarefa: 🎶 Comezamos cantando para coller enerxía: https://drive....
Ningún comentario:
Publicar un comentario