luns, 15 de xuño de 2020

3rd grade activities (Actividades para 3º)

Good morning children!
Pois pouquiño a pouco chegamos ó remate deste curso 😞 Esta semana é a última e como estivéstedes traballando moito todo este tempo,tanto vós facendo as actividades como as vosas familias axudándovos co traballo e encargándose de facermo chegar...esta semana xa non vou a enviarvos máis tarefas para realizar en papel nin escanear.

A tarefa de hoxe consiste nun xogo de preguntas online con un pouquiño de todo o que traballamos este curso. O primeiro que tedes que facer é escribir o voso nome nun cadriño branco que vos aparecerá na parte de abaixo que pon "Enter nickname" e despois  darlle ó botón verde "Ok, go". A continuación comezará o xogo. Tedes que marcar a opción correcta para cada pregunta, tendo en conta que tedes 20 segundos para cada unha...tede coidado porque a profe foi un pouco "mala"😈 e tedes algunha resposta "trampa"...así que fixádevos ben! Cada vez que contestedes unha pregunta, diravos se é correcta ou non e tedes que darlle a "Next" para pasar á seguinte. Espero que vos guste!

https://kahoot.it/challenge/02757741?challenge-id=58347f4c-e925-4916-a8f7-12f99a31650a_1592215905965


Have a nice day! Bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario