venres, 12 de xuño de 2020

2nd grade activities (Actividades para 2º)

Hello children!

 Pouquiño a pouco imos chegando ó remate deste curso, e hoxe imos a ver o último vocabulario importante que nos quedaba por traballar no libro...o da roupa.

🎶 Comezamos cantando con "The clothes chant" (páxina 50 do libro):
https://drive.google.com/file/d/1B8DbrxT29eyMF2EGlux7c65cFE-7YOJ3/view?usp=sharing


📝Continuamos con unha actividade na páxina 51:


  • Primeiro ides a pegar as "stickers" e para iso tedes que ir á última páxina do libro e coller as pegatinas das imaxes das prendas de roupa:
  • Despois tedes que escoitar o seguinte audio e poñer un tick ✔ se a cor da prenda que escoitades se corresponde coa  da imaxe ou cross X se non se corresponde:
  • Por último tedes que escribir vós o nome de cada prenda. Podedes mirar como se escriben as palabras na páxina da esquerda, debaixo das imaxes do "chant" que cantástedes ó principio.
📝 E para rematar imos ir á páxina 66:

  • Primeiro tedes que volver á ultima páxina do libro, coller as pegatinas das palabras e colocalas no lugar que corresponde tendo en conta o número que sinala cada prenda de roupa na imaxe.
  • Despois tedes que volver a escribir vós cada palabra na liña que hai debaixo de onde pegástedes cada pegatina.
  • Por último tedes que escoitar o seguinte audio e decir quen leva as prendas que escoitades, LOUISA ou BOB. Despois de oir cada oración parade o audio para ter tempo a responder porque xusto despois diravos quen é:

Have a nice weekend! Bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario