venres, 12 de xuño de 2020

1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning and happy Friday children!

Pois pouco a pouco imos chegando ó final deste curso tan "atípico" e para ir rematando coas cousas máis importantes que nos faltaban por ver no libro, hoxe imos a traballar un vocabulario variado sobre cousas que nos podemos atopar na natureza.

🎶Comezamos con música cantando " The outdoors chant" (páxina 50 do libro):
https://drive.google.com/file/d/1cM8e-0GFSDc1tve3XRFXabYOxLaI8YKl/view?usp=sharing



📝 Agora que xa recoñecemos de xeito oral estas palabras imos a ver como se escriben na páxina 51, debaixo de cada imaxe tedes a forma escrita de cada unha delas, fixádevos ben:
Agora imos a facer aquí dúas cousas:
  • Primeiro imos pegar as "stickers" e para iso iremos á última páxina do libro, colleremos as pegatinas das imaxes e colocaremos cada unha no seu lugar correspondente:

📝 Agora imos con outra actividade na páxina 66. 

Aquí imos  a facer o seguinte:
  • Primeiro escoitar de novo os nomes das cousas que vos aparecen nas imaxes no seguinte audio e completar os debuxos debuxando o que falta:  🔊https://drive.google.com/file/d/1LIRbZfexyoXDoJVS582rIcGaoJjGfiFX/view?usp=sharing
  • Despois tedes que coller as pegatinas das palabras no mesmo sitio que collístedes antes as das imaxes e pegalas no sitio correcto.
  • Por último tedes que escribir vós cada palabra nas líneas que hai debaixo das pegatinas.
🎮 E para rematar, como xa fai moito que non repasamos un números, un xogo para que non se nos olviden:

Have a nice weekend! Bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario