mércores, 10 de xuño de 2020

1st grade activities (Actividades para 1º)

Hello children!

🎶 Comezamos con "The food chant":
https://drive.google.com/file/d/1k8WC-duLXMem0dU5qIWjES60FipZB_BO/view?usp=sharing


📝 Hoxe imos aprender a decir "gústame" e " non me gusta" en inglés. Prestade atención:
I like apples - Gústanme as mazás
I don´t like sausages X - Non me gustan as salchichas

Para aprender como se pronuncian estas expresións, imos ir á páxina 44 do libro e faremos a segunda actividade:
Tedes que facer o seguinte (moito rollo para explicalo pero é moi sinxelo):
  • Ides a escoitar o audio que vos poñerei a continuación e o obxectivo e seguir os camiños para chegar ata os alimentos que hai ó final á dereita de todo (bananas, apples, cakes and sausages) e que teñen ó lado un circuliño para poñer un número. 
  • Comezaredes nas peras (pears) e como podedes comprobar teñen ó lado dúas cariñas. Unha representa "I like" (gústame) e outra "I don´t like" (non me gusta). Se o audio di que lle gustan as peras tomaredes o camiño da cara sorrinte, e se di que non lle gustan tomaredes o camiño da cara triste. Así chegaredes ata o seguinte alimento, no que faredes exactamente o mismo e unha vez cheguedes ó final poñerédeslle o número 1 ó alimento ó que cheguedes. Ese alimento ten unha cariña sen boca, que vós lle debedes debuxar contenta ou triste dependendo se vos gusta ou si non vos gusta.
  • Despois volveredes de novo a colocarvos ó principio (nas peras) e faredes outra vez o mismo seguindo os camiños ata chegar ó alimento ó que lle poñeredes o número 2 e tamén lle debuxaredes a cariña dependendo dos vosos gustos.
  • O final da actividade deberedes terlles colacados os números do 1 ó 4 ós alimentos do final e as cariñas debuxadas segundo os vosos gustos.
  • 🔊https://drive.google.com/file/d/1BvlJE_D1jqjleabYAnIwkuJK1ghpAAdl/view?usp=sharing
📝 Na segunda actividade imos aprender os nomes de catro novos alimentos (páxina 46):

1. Peaches 2. Melons. 3. Olives. 4. Oranges
E para aprender como se pronuncian tedes que escoitar atentamente o seguinte audio e repetir:

🎮 E para rematar, o xogo de hoxe non vai a ser online senón manipulativo. Ó final da páxina 46 veredes como facer. Despois tedes que ir ó final do libro, á páxina 69 e recortar as imaxes da comida xunto coa imaxe da cariña (é sorrinte por un lado e triste polo outro). O xogo consiste en que fagades igual co neno da imaxe. Tedes que coller unha imaxe dun alimento e pensar se vos gusta ou non, ensinando a cariña que corresponda. Ó mesmo tempo diredes " I like..." ou "I don´t like" seguido do nome do alimento,  por suposto en inglés...ready?


See you on Friday! Bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario