xoves, 7 de maio de 2020

5th grade activities (Actividades para 5º)

Hello everybody! A tarefa de hoxe ten un pouco de xogo, e un pouco de investigación, que vos parece?😏

Recoñecedes esta cidade?


É Londres, LONDON in English....pois hoxe imos aprender algo máis sobre ela.

📝 O primeiro qie ides facer, e xogar co seguinte "mapa" de Londres, no que aparecen os lugares máis significativos e importantes da cidade, ó mesmo tempo que practicamos as "directions". Necesitades un dado (dice). Comezaredes onde está o autobús (start) e iredes tirando o dado. No cadriño da parte superior indícavos hacia onde tedes que movervos dependendo do número que vos toque ( o 6 "miss a turn" significa que perdedes un turno). Tedes que tirar dez veces e colorear o lugar do mapa ó que chegades.


Agora vai a segunda parte da tarefa. Imaxinade que eu tirei o dado as dez veces e cheguei ó lugar que pon "London Eye". Teño que investigar que lugar de Londres é ese e que ten de importante, ou o motivo polo que é coñecido. Con catro ou cinco liñas de explicación é suficiente ( sei que en Inglés pode ser algo complicado explicalo para vós, si queredes intentalo adiante, senón podedes facelo en galego sen ningún problema, o importante é saber un pouco máis sobre esta importante cidade de fala inglesa). Podedes tamén acompañar a explicación dun debuxo do lugar que vos tocou.

❗ Por último recordavos, aínda que a maioría xa o estades a facer, que tedes o meu correo para enviarme as tarefas que ides facendo, así eu poderei correxilas e ter un seguimento do voso traballo e vós poderedes saber os erros que tedes e preguntarme todas as dúbidas que teñades.

Have a nice weekend! See you on Monday! Bye bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario