luns, 11 de maio de 2020

5th grade activities (Actividades para 5º)

Good morning! Imos coa tarefa para hoxe:

📝 Recordades que traballáramos na clase a lectura sobre "Unique buildings"? Para refrescar a memoria aquí vos deixo o texto de novo (se tedes o libro de inglés na casa podedes buscalo na páxina 30) e tamén o listening para que o escoitedes ó memo tempo que seguides a lectura:



📝 Agora imos coas tarefas sobre o texto:
  • Na primeira tedes que completar a táboa: na primeira columna tedes que poñer os nomes dos edificios, na segunda o lugar onde se atopan, na terceira o motivo polo que é único ou singular ese edificioe na última o que hai neses edificios utilizando "there is/there are"
  • Na segunda actividade tedes que ler a opinión de Rob sobre o seu edificio favorito do texto e despois escribir cal é o voso favorito e o motivo.
  • Na terceira actividade tedes que completar as oracións sobre un edificio único ou singular que vos coñezades poñendo por esta orde: o nome, onde está, o motivo polo que é unico, algo que haxa nel en singular e algo que haxa nel en  plural. Despois no cadriño podedes debuxalo ou pegar unha foto (non é obligatorio).

Enjoy the day! See you! Bye!


Ningún comentario:

Publicar un comentario