venres, 22 de maio de 2020

1st grade activities (Actividades para 1º)

Good morning and happy Friday!

📽 Comezamos con un vídeo do primeiro día de cole dunha nena "First day at school".  Fixádevos ben e a ver se sodes capaces de recoñecer o nome de algún material escolar que xa coñecemos:
https://drive.google.com/file/d/1JeUCy4Cxgs1ZwY8XZh3gSZLdJem1pDWw/view?usp=sharing

📝E continuamos con dúas actividades moi sinxelas sobre o vídeo que acabamos de ver:

  • Na primeira actividade tedes que unir a foto de cada unha das persoas que aparecen no vídeo co seu nome e co que dicen.
  • Na segunda actividade tedes que escribir o nome do material escolar no seu lugar (xa tedes escrita a primeira letra de cada un)  e marcar con un "tick"só  os que aparecen no vídeo.

🎮 Rematamos con un "memory game" sobre material escolar. Tedes que darlle a volta a cada tarxeta, e recordar o que vos vai aparecendo para ir facendo parellas:

Enjoy the weekend! Bye bye!


Ningún comentario:

Publicar un comentario