mércores, 20 de maio de 2020

1st grade activities (Actividades para 1º)

Hello children!


Objetos Escolares Imágenes Y Fotos - 123RF
🎶 Hoxe imos repasar o vocabulario do material escolar, e comezamos cantando..."The school chant":

📝 Agora imos con unha tarefa moi sinxela. Tedes que ler as palabras e marcar con un "tick" e repasar a que sexa correcta para cada imaxe. Por último tedes que colorear cada un deles da cor que corresponda para repasar tamén o vocabulario das cores:

🎮 Por último dous xogos sobre materiais escolares...hai moitos máis dos que aprendimos no cole...seredes capaces? 😉 (Neste xogo para a goma de borrar en lugar de "rubber" que foi a palabra que traballamos na clase aparece outra palabra en inglés "eraser" que xa aparecera nunha canción tamén e expliqueivos que significaba o mesmo)
Recordade tamén facer click no altavoz de cada palabra para aprender como se pronuncian, sobre todo as que aínda non víramos.

See you on Friday! Bye bye!

Ningún comentario:

Publicar un comentario