Good morning children! Recordades que cando aprendimos o vocabulario dos xoguetes e os adxectivos para describilos tamén traballamos os instrumentos musicais? Recordades o nome de algún en inglés?
📽 Para refrescar a memoria, imos ver un vídeo no que aparecen varios nenos e nenas tocando instrumentos. Cada vez que escoitedes un, repetide a palabra en voz alta...are you ready?
https://drive.google.com/file/d/10XCyO_kb_KFMN5LDRuOdnnbUn0vCVkg5/view?usp=sharing
📝Continuamos con dúas actividades sobre o vídeo anterior. Na primeira tedes que unir cada neno ou nena co instrumento que toca e repasar as palabras. No segundo tedes que contar cantos instrumentos hai de cada tipo e poñer o número...pero non fagades trampa eh? Tedes que contar en inglés (one, two, three, four, five...)! 😉 Let's go!:
https://drive.google.com/file/d/1FMQW9Vf6Y1W1kYaT6hWWbJ5zIf3iuMWK/view?usp=sharing
❗ Por último recordarvos que me podedes enviar os traballos que estades facendo ó meu correo electrónico, para que eu poda correxilos e levar un seguimento do voso traballo e vós saber se tedes erros ou resolver calquera dúbida.
Have a nice day! Bye bye!
Hello! Este é o blog da clase de inglés do CEIP Juan Rey no que poderedes atopar actividades, xogos, cancións e recursos para poder realizar durante estes días nas vosas casas. See you soon!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Hello! Penúltimo día.... 😞 Por aquí vos deixo outra páxina con xogos en inglés para que repasedes e practiquedes este verán se vos apetec...
-
Hello everybody! Hoxe cólgovos un link con unhos xogos variados en inglés. O primeiro que tedes que facer é seleccionar "Levels 5 ...
-
Good morning! Pois casi casi rematamos este curso tan "atípico". Hoxe xa non imos a facer máis tarefas no libro nin de imprimir....
Ningún comentario:
Publicar un comentario