Good morning families! Espero que todo vaia o mellor posible e que nos vexamos moi pronto. Para continuar co traballo que se vos enviou para a casa irei subindo a este blog diferentes recursos sinxelos para que os nenos e nenas non olviden todo o aprendido e pasen un bo ratiño entretidos. Na medida do posible intentarei ir poñendo as diferentes tarefas nos días que lles correspondía clase de inglés a cada curso. Por suposto, todas as actividades son voluntarias xa que dependen dos medios tecnolóxicos que teñades ó voso alcance para poder levalas a cabo. As fichas que se propoñen están en formato pdf e algunhas delas poden realizarse nun ordenador , tablet ou móbil a través dos cales podedes enviarmas ó meu correo electrónico, ou ben imprimirse ou realizarse á man nun folio ou libreta (se non tedes impresora e por exemplo hai que completar unha oración ou escribir palabras, podedes copialas á man) que poderei correxir de forma presencial cando volvamos ó colexio ou tamén por correo electrónico se as escaneades ou me enviades unha foto do traballo. Para calquer dúbida tamén fareivos chegar o meu correo electrónico a través das titoras.
A continuación están as primeiras tarefas para todos os cursos, dende infantil ata 6º de primaria.
Moito ánimo e.... see you soon!